Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aula CeMIT

Aula CeMIT
Este é o espazo da Aula CeMIT do Concello de Arzúa, pertencente ao proxecto da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia que ten coma obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías aos habitantes de Arzúa.

Nesta sección poderá coñecer a actualidade da aula e o catálogo de actividades así como o horario de aula aberta ao público e outros servizos do centro.

Os cursos son a actividade principal da Aula CeMIT de Arzúa e agrúpanse en dous eixos principais:

Alfabetización dixital: A planificación destes cursos establécese mes a mes, e variará segundo a demanda dos usuari@s. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poderán poñerse en contacto co axente TIC e solicitar a súa celebración. Os cursos de alfabetización dixital están organizados en distintas categorías temáticas:

Aula CeMIT

Cursos de multimedia e audiovisuais: Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) e as aulas con sistema de videoconferencia avanzado da Rede CeMIT. O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas. O programa de cursos Multimedia e audiovisual para o 2012 da Rede CeMIT, está formado por microactividades e actividades relacionadas coas temáticas seguintes:
Aula CeMIT

Máis información: Rede CeMIT

A maiores das actividades formativas, o centro oferta o servizo de Aula Aberta que ofrece a posibilidade á cidadanía de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Desta maneira, e dentro dun horario claramente establecido, os usuari@s poderán facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, facer retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc. Como apoio adicional, a Axente TIC asesorará e axudará aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes necesíteno.

A aula CeMIT de Arzúa conta cunha capacidade para 40 persoas.

Equipamento:

o 20 postos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o 1 posto de profesor con Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o Impresora láser color
o Proyector con pantalla de proxección motorizada
o Pantalla de plasma de 42″
o Rack Multimedia con:
– Mesa de misturas de audio
– Amplificador
– DVD-RW con TDT
– Videoconferencia
o Micrófonos de mesa e inalámbricos
o Altavoces
o 2 cámaras motorizadas
o Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
o Rede Wifi

 

Novas:
A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous obradoiros de uso de smartphones

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous obradoiros de uso de smartphones

Os obradoiros son gratuítos e teñen unha duración de 20 horas. A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous cursos de uso e configuración de móbiles de 20 horas de duración cada un deles onde, dun xeito progresivo, se iniciará aos asistentes aos smartphones con sistema operativo Android e … Ler máis

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición en cursos de novas tecnoloxías para alumnos e alumnas de primaria

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición en cursos de novas tecnoloxías para alumnos e alumnas de primaria

Os cursos son de balde e ofértanse 50 prazas, divididas en 6 grupos, un por curso de primaria A formación abrangue desde o máis básico en informática, enfocado sobre todo aos e ás máis peques, como funcionamento do rato, teclado e xestión de cartafoles,de nivel medio como programas de ofimática coma o libreoffice writer, multimedia, … Ler máis

Ampla oferta formativa da aula CeMIT do concello de Arzúa ata final de ano

Ampla oferta formativa da aula CeMIT do concello de Arzúa ata final de ano

O 27 de xullo ábrese o prazo de inscrición para nove cursos de novas tecnoloxías A aula CeMIT do concello de Arzúa xa ten programada unha ampla oferta formativa no mundo das novas tecnoloxías para a formación e entretemento dos veciños e veciñas do municipio ata finais deste ano 2022. A oferta consta de varios … Ler máis

A aula CeMIT do Concello de Arzúa oferta varios cursos de alfabetización dixital e dous obradoiros da app do sergas

A aula CeMIT do Concello de Arzúa oferta varios cursos de alfabetización dixital e dous obradoiros da app do sergas

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para tres cursos de alfabetización dixital de 30 horas de duración cada un deles onde, dun xeito progresivo, se iniciará aos asistentes aos smartphones e as súas aplicacións máis empregadas baixo android e no pc: buscadores, navegadores, correo electrónico, administración electrónica e un … Ler máis

A aula CeMIT do Concello de Arzúa reabre as súas portas o vindeiro día 9 de novembro

A aula CeMIT do Concello de Arzúa reabre as súas portas o vindeiro día 9 de novembro

A aula CeMIT do Concello de Arzúa volve pór a disposición da cidadanía a aula CeMIT, xestionada por un axente TIC, equipada con 20 ordenadores con acceso a internet, e cunha oferta formativa de cursos e charlas en novas tecnoloxías de diversas temáticas, como ofimática, redes sociais, imaxe e son, desempregados e desempregadas, nenos e … Ler máis

CURSO DE INICACIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

CURSO DE INICACIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello de Arzúa organiza un curso de iniciación ás novas tecnoloxías para persoas adultas. A formación terá unha duración de 100 horas e impartirase de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30h na Aula CeMIT do 3 de novembro ao 10 de decembro. O curso estará dividido en catro modulos nos que … Ler máis

Concello de Arzúa

Programación de actividades da Aula CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novas actividades formativas en novas tecnoloxías. Trámites dixitais, redes sociais, dispositivos móbiles, charlas da escola galega de consumo ou cursos de iniciación a informática e a internet son algúns dos cursos ofertados. A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo … Ler máis

Charla “Contratación de seguros” na aula CeMIT de Arzúa

Charla “Contratación de seguros” na aula CeMIT de Arzúa

A aula CeMIT do Concello de Arzúa en colaboración ca Escola Galega de Consumo e a OMIC do Concello de Arzúa emitirá o vindeiro luns, día 6 de maio, ás 12:00 a charla “Contratación de seguros: Conceptos básicos, tipoloxía e reclamacións”, enfocada a coñecer os conceptos básicos aplicables á contratación dos seguros antes de adquirilos … Ler máis

Programación Aula CeMIT (xaneiro-marzo 2017)

Programación Aula CeMIT (xaneiro-marzo 2017)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para nove novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas . O 25 de xaneiro comeza o curso de “Primeiros pasos informáticos” e o 31 de xaneiro «Aprende a usar o teu Smartphone» . Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 … Ler máis

Concello de Arzúa

Cursos Aula CeMIT (outubro – decembro)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dez novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone , dous cursos de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos, un curso de mecanografía, un … Ler máis