Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición en cursos de novas tecnoloxías para alumnos e alumnas de primaria

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición en cursos de novas tecnoloxías para alumnos e alumnas de primaria

Os cursos son de balde e ofértanse 50 prazas, divididas en 6 grupos, un por curso de primaria

A formación abrangue desde o máis básico en informática, enfocado sobre todo aos e ás máis peques, como funcionamento do rato, teclado e xestión de cartafoles,de nivel medio como programas de ofimática coma o libreoffice writer, multimedia, programación ou mecanografía, e tamén, iniciación en tecnoloxías máis modernas como son a robótica, o manexo de drons, gafas de realidade virtual e impresoras 3D .

O prazo de inscrición abre o vindeiro día 7 de decembro, ás 16 horas na aula CeMIT de Arzúa e fecha o día 20 de decembro, sendo necesario realizar a matrícula de xeito presencial .

Os cursos comezan na semana do 9 de xaneiro ata finais de maio, a razón dunha hora por semana por grupo e non habendo clase os días non lectivos .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email