Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación de actividades da Aula CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novas actividades formativas en novas tecnoloxías.

  • Trámites dixitais, redes sociais, dispositivos móbiles, charlas da escola galega de consumo ou
    cursos de iniciación a informática e a internet son algúns dos cursos ofertados.

Programación de actividades da Aula CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas: Dous obradoiros para aprender a usar o smartphone , un curso de iniciación a informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos.

En colaboración con FEGAUS (Federación Galega de Universitarios Séniors): Trámites dixitais en Internet desde cero,Apps de turismo e gastronomía, dispositivos móbiles e redes sociais para séniors.

En colaboración coa aula CeMIT de Cuntis ofértase un curso sobre Privacidade na Internet e dispositivos móbiles, onde se traballará sobre a privacidade e a protección de datos nas redes sociais e dispositivos móbiles. E reflexionarase sobre que saben Facebook, Google, Microsoft ou Amazon de min, o dereito ao esquecemento e consellos para mellorar a privacidade . E unha xornada sobre Noticias Falsas, na que se explicará que son as fake news, o clickbait, os bulos e aprenderase a contrastar a información antes de compartila.

En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse tres charlas: O 9 de marzo ás 12:00 “Consumo responsable e sostible”, o 6 de abril “Contratos e condicións”, onde se falará, entre outras cuestións, do dereito ao desistimento e cláusulas abusivas, responsabilidade civil por bens e servizos defectuosos ou as disposicións xerais das contratacións.

O luns 4 de maio “Contratos a distancia e fóra do establecemento mercantil”, onde afondaremos nos dereitos das persoas consumidoras e usuarias neste tipo de contratacións tan habituais hoxe en día, ben sexa contratación por teléfono, porta a porta ou online.

A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria e a realización de exames para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, acudir persoalmente áaula CeMIT, Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e o venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email