Desta estrada nacional parten outras vías secundarias como a LC-234 que une Arzúa e Boimorto; a CP-0604 que relaciona Arzúa e Ponte Carreira e que desemboca na N-544 de Curtis a Santiago; e, finalmente, a CP-0601 que serve de enlace entre a vila de Arzúa, as parroquias de Dombodán e Brandeso, o encoro de Portodemouros e o concello pontevedrés de Vila de Cruces (11 km).
Os municipios veciños de Arzúa son: cara o Norte, Frades e Boimorto; ó Sur, Vila de Cruces (da provincia de Pontevedra); ó Este, Melide e Santiso e; ó Oeste, Touro e O Pino.