Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Punto Limpo

O 13 outubro do 2008 entrou en funcionamento o Punto Limpo de Arzúa. Os puntos limpos son recintos situados no entorno dos núcleos de poboación, co obxectivo fundamental de servir aos cidadáns como centro de aportación voluntaria e como complemento da recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Están dotados de contedores específicos para diversos tipos de materiais de desfeito susceptibles de entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe.

RESIDUOS COMÚNS:

• Residuos voluminosos (mobles,etc.)
• Electrodomésticos sen CFC
• Restos metálicos do fogar.
• Papel e cartón.
• Vidro.
• Téxtil.
• Envases de plástico, bricks e latas.
• Cascallos de pequenas obras.

RESIDUOS ESPECIAIS:

• Disolventes, pinturas, vernices.
• Pilas.
• Fluorescentes.
• Electrodomésticos con CFC
• Sprays.
• Aceites usados.
• Baterías.

Chegar o punto limpo