Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Servizos Sociais Municipais

Os servizos sociais comunitarios son o instrumento de protección social que garante a correcta atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio, mediante un grupo de programas, servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e de potenciar o benestar social da comunidade.

Actúan para lograr unhas mellores condicións de vida, mediante unha atención integral que utiliza todos os recursos dispoñibles, intentando dar resposta ós distintos problemas de carácter social que presentan as persoas, grupos ou comunidade.

Os Servicios Sociais Comunitarios de Arzúa están situados na planta baixa da Casa do Concello e están formados por un equipo multidisciplinar que conta cos seguintes profesionais:

Educador Familiar
Traballadoras Sociais

Horario de Atención ó Publico

Martes, Mércores e Xoves de 9:00 a 14:00
As citas serán concertadas previamente, nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 81 52 97

Os programas de actuación que desenvolven os Servizos Socias Comunitarios de Arzúa son:

  • Programa de orientación, asesoramento e información

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos. Inclue as seguintes actuacións:

• Rexistro e toma de datos
• Información
• Valoración.
• Orientación e asesoramento social
• Tramitación.
• Derivación.
• Información e concienciación social.

  • Programa de axuda no fogar

O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

• Xantar na Casa
• Teleasistencia Domiciliaria
• Podóloxía

  • Programa de inserción social

Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

  • Programa de animación, prevención e cooperación social

Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado

• Actividades de Ocio nas Parroquias
• Programa de Alfabetización
• Vacacións do IMSERSO
• Progamas de Termalismo
• Festa dos Maiores

  • Programa de Educación Familiar

O Programa de Educación Familiar consiste no traballo, por parte dun técnico especializado, con familias ou persoas nas que se detectan hábitos contraproducentes ou carencias nas súas aptitudes básicas. A maioría das actuacións realizanse a partir da vida cotidiana da persoa ou do grupo familiar no seu fogar, xa que é aquí onde as conductas desadaptadas se crean e se manteñen.

Últimas novas

O alcalde de Arzúa solicita unha reunión co Xerente do Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza

O rexedor demanda para Arzúa a construción dun Centro de Día público e melloras na Escola infantil Galiña Azul Arzúa, 20 de setembro de 2023._ O ...
Ver →

Axudas para a adquisición de material escolar en Arzúa

Ata o día 20 deste mes as familias do municipio poden solicitar estas axudas, que serán de 120 euros por cada alumno ou alumna. O ...
Ver →

Nota informativa OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO «MELIDE-ARZÚA-TOQUES-SANTISO: NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Ver →

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes axudas para material escolar.

O prazo de presentación de instancias para solicitar as axudas de apoio ao estudo destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral soportado polas ...
Ver →

Bases de axuda apoio ao estudio – Impacto COVID-19

Bases reguladoras da convocatoria de axudas de apoio ao estudo destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral soportado polas familiar e os menores ...
Ver →

Revisión anual pensión non contributiva

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa informan que todas as persoas perceptoras da Pensión Non Contributiva, teñen que pasar polo servizo a realizar a ...
Ver →

Prestación de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación ...
Ver →

Tarxeta Benvida 2020

A Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as FAMILIAS ...
Ver →

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE – UNIDADE MÓBIL EN ARZÚA

O vindeiro LUNS e MARTES día 30 e 31 de decembro de 2019, desprazarase ata o campo da feira do Concello de Arzúa, unha unidade ...
Ver →

PROGRAMA DE TERMALISMO DEL IMSERSO

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que o IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL. Serán beneficiarios ...
Ver →