José Luís García
Alcalde de Arzúa
O Concello de Arzúa dálle a benvida ao novo portal web municipal, nesta páxina
atopará información que lle permitirá acceder a todos os servizos e trámites da propia
administración local, mediante un modelo de atención ao cidadán que persegue, ademais da
eficacia, facilitar a cercanía e tamén a participación.
Está pensado para ser un garante da democracia e da transparencia, para conseguir que o noso concello sexa unha institución capaz de dar resposta ás necesidades do cidadán, para ser un voceiro de todas as iniciativas de colectivos e persoas, facéndoas partícipes da xestión municipal.
Con esta nova web adentrámonos na verdadeira administración electrónica, facilitando que os trámites administrativos se poidan realizar de forma óptima e eficiente.
Aquí atopará tamén aqueles aspectos do noso municipio que destacan pola súa relevancia. A súa historia, as súas actividades, culturais e festivas, os seus equipamentos, as noticias municipais e todo aquilo que se considera apreciable e de interese na sociedade da información na que vivimos están aquí, ao seu alcance e coa máxima transparencia.
Arzúa é un gran pobo que ten evolucionado grazas ao esforzo de todos, dende a participación, o traballo e o diálogo. Vivimos na Arzúa do século XXI, a que construímos dende o compromiso de todos, aberta e accesible, xenuína e moderna, próspera e solidaria, na que todos somos protagonistas activos dun municipio que mira con ilusión ao futuro.
Convídote a consultala e a desfrutala!