Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Programación Cultural

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa encárgase de elaborar unha programación estable durante todo o ano cos seguintes programas:

Decembro e Xaneiro

NADAL E CABALGATA DE REIS

Conxunto de actividades durante as festas de Nadal que inclúen exposicións, actividades infantís, contacontos, actuacións musicais… e que remata coa gran celebración da Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.

Decembro e Xaneiro

Febreiro e Marzo

ENTROIDO

Programación que conta cun desfile e concurso de disfraces, animación de rúa, música, actividades infantís e chocolatada popular.

Febreiro e Marzo

Abril e Maio

PRIMAVERA DE CULTURA

Conxunto de propostas centradas na conmemoración do Día do Libro e das Letras Galegas con actividades de animación á lectura, obradoiros, celebración da Feira do Libro, espectáculos musicais, cinema en galego, celebración do 17 de maio, etc.

Abril e Maio

Xuño, Xullo, Agosto e Setembro

VERÁN

Programa de actividades para os meses estivais no que predominan actividades ao aire libre e propostas para todos os públicos en distintos espazos: exposición Bo Camiño, ciclo de música na rúa «En aberto», Día da diversidade sexual, Arzúa Viva, Arte na rúa, dinamización das feiras do 8 e 22, programa de excursións «Coñece o teu país», etc.

Xuño, Xullo, Agosto e Setembro

Outubro e Novembro

OUTONO A ESCENA

Programación centrada nas artes escénicas con espectáculos a celebrar tanto na vila como nas parroquias. Música, teatro, monólogos, narración oral, espectáculos infantís e conmemoración do Día da Infancia na semana do 20 de novembro con actividades para a rapazada en horario escolar.

Outubro e Novembro