Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa reabre as súas portas o vindeiro día 9 de novembro

A aula CeMIT do Concello de Arzúa reabre as súas portas o vindeiro día 9 de novembro

A aula CeMIT do Concello de Arzúa volve pór a disposición da cidadanía a aula CeMIT, xestionada por un axente TIC, equipada con 20 ordenadores con acceso a internet, e cunha oferta formativa de cursos e charlas en novas tecnoloxías de diversas temáticas, como ofimática, redes sociais, imaxe e son, desempregados e desempregadas, nenos e nenas ou cursos de iniciación . Estes últimos enfocados principalmente aos e ás nosas maiores,colectivo onde a fenda dixital se fai máis evidente.

O día 9 de novembro ás 16:00 ábrese o prazo de inscrición para cursos de novas tecnoloxías para rapaces e rapazas, seis grupos distribuídos por idades que comezan na semana do 15 de novembro ata maio, unha hora á semana por grupo.

Para máis información poden achegarse á aula, chamar ao 981 500 447 ou enviar un correo electrónico a cemit.arzua@xunta.gal

A Rede CeMIT está integrada por 92 aulas espalladas por toda Galicia e está caracterizada por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento . Máis información no enderezo http://cemit.xunta.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email