Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous obradoiros de uso de smartphones

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous obradoiros de uso de smartphones

Os obradoiros son gratuítos e teñen unha duración de 20 horas.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dous cursos de uso e configuración de móbiles de 20 horas de duración cada un deles onde, dun xeito progresivo, se iniciará aos asistentes aos smartphones con sistema operativo Android e as súas aplicacións máis empregadas, como son a App do Sergas ou Whatsapp, entre outras . Estes cursos inícianse: O primeiro, o día 31 de maio, en horario de luns a xoves de 18 a 20 horas,e o segundo, o día 5 de xuño, en horario de luns a venres de 11 a 13 horas .

Os obradoiros están enfocados a persoas cun nivel de aceptación e uso das novas tecnoloxías inicial: Nos obradoiros propostos preténdense dar a coñecer os principais usos que teñen os dispositivos móbiles no perfil de usuario destinatario, coa clara intención de desbloquear os temores e barreiras psicolóxicas que en moitos casos existen no seu uso por parte dos maiores, achegándolles os coñecementos necesarios e a aplicación directa da tecnoloxía no seu día a día .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 604 049 669, pasar pola aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email