Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cursos Aula CeMIT (outubro – decembro)

cartel-programacion-cemit-out-a-dec

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dez novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone , dous cursos de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos, un curso de mecanografía, un curso de correo electrónico, un curso de creación e edición de blogs, un curso de edición de imaxes e retoque fotográfico empregando o programa de software libre GIMP e un curso de iniciación ás redes sociais enfocado ao twitter .

A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, charlas emitidas por videoconferencia desde o Instituto galego de consumo ou o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e a realización de exames para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e o venres de 11:00 a 14:00 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

A Rede CeMIT está integrada por 92 aulas espalladas por toda Galicia e está caracterizada por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento . Máis información no enderezo http://cemit.xunta.gal

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email