Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Centro de Información á Muller


Ver últimas novas

Os Concellos de nosa Comarca, ó ser unha zona rural, necesitan de moita información tanto para as mulleres como para os homes; esta oficina é un Servicio máis ó que as mulleres poden acudir coa súa problemática e preocupacións para que alguén as escoite e poidan informalas. Polo tanto, Arzúa como cabeceira de Comarca, necesita deste Centro para tódalas mulleres da zona.

Dende este Centro infórmase dos dereitos a tódalas mulleres da Comarca e Concellos colindantes, pero ademais se traballa coas Asociacións de mulleres. Ofrécese conferencias, actividades culturales, obradoiros, etc., e así, conséguese chegar a cada muller que logo serán usuarias do Centro de Información á Muller (C.I.M.).

Este Centro crease có fin de informar, orientar e asesorar as mulleres da comarca de forma gratuíta, sobre calquer cuestión que lles suscite dudas ou curiosidades, en definitiva, facilitarlles as mulleres a información e o asesoramento rápido, individualizado e gratuito, sobre aspectos xurídicos, sociais e psicoloxicos, que lles permitan o exercicio e desenrolo dos seus dereitos.

Para chegar a cumprir nosos obxetivos traballamos en duas vertentes, que son:

.- ASESORAMENTO XURÍDICO: onde se lles asesora de todas aquelas cuestións legais que lles afectan, contribuindo con elo a garantizala defensa efectiva e a tutela dos seus dereitos, xa que as mulleres para exercer os seus dereitos necesitan, en primeiro lugar, coñecelo.

.- ASESORAMENTO PSICOLÓXICO: onde se lles asesora das cuestións de saúde que lles afecta; como as desordes alimenticias, a educación afectivo sexual, a depresión ou ansiedade, a sobrecarga da dobre xornada, a autoestima, etc.

Centro de Información á Muller

CITA PREVIA
As CITAS do asesoramento Xurídico e do asesoramento psicolóxico, serán CONCERTADAS PREVIAMENTE

As características principias do Centro de Información á Muller son:

“DE BALDE, ANONIMATO E CONFIDENCIALIDADE”

O centro non só oferta os servicios dunha abogada e unha psicóloga senón que imparte cursos, talleres, conferencias, etc. como poden ser:

– Obradoiro con inquedanzas para as mulleres, como poden ser de manualidades, xardiñeria, cociña, saúde, etc.
– Charla-coloquios sobre distintos temas.
– Curso diversos con temáticas moi amplias, como por exemplo boas prácticas, novas tecnoloxias, educacionales, etc.
– Obras Teatrales
– Proxecciones de películas.
– Conferencias.
– Contacontos da Igualdade .

Unha actividade a destacar é o programa semanal en RADIO ARZÚA con contidos sociais, xurídicos e psicolóxicos de interese para a muller.

Co fin de mellorar todolos servicios enfocados a muller, dendanaise este Centro de Información promoveuse a idea da elaboración dun “PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES MUNICIPAL”; o cal nos permita facer un análisis profundo da situación actual e real da muller arzúan detectando a súas necesidades máis básicas e primordiais e así poder poñer en marcha accións encaminadas a mellorar e resolver toda a problemática que rodea a muller.

O Primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades do Municipio de Arzúa, foi aprobado no Pleno do día 28 de decembro de 2004 e a duración é de dous anos (2005-2006).
Actualmente atópase en vigor o Segundo Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal de Arzúa cuia duración é dende o ano 2008 o ano 2011.

III Plan de IgualdadeII Plan de IgualdadeI Plan de Igualdade

Programa de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Concíbese como un programa coa finalidade de realizar as accións de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a non discriminación en diferentes eidos.

Os OBXECTIVOS do programa son:

  • Promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Fomentar a conciliación familiar, persoal e laboral das familias da contorna.
  • Velar pola non discriminación en diferentes eidos.
  • Previr a violencia de xénero en todas as súas modalidades e manifestacións.

Centro de Información á Muller

Últimas novas


OBRADOIROS CIM

2 septiembre, 2019

Desde o CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES de Arzúa programáronse para o mes de SETEMBRO estes cursos e charlas para todas aquelas persoas que estean …


Ver →


Obradoiro de cociña en Pantiñobre

11 marzo, 2015

Terá lugar no local social de Pantiñobre o 8 de Abril de 18:00 a 20:00. É necesario inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas.A …


Ver →


Charla sobre os «Mitos na menopausea»

11 marzo, 2015

Terá lugar no local social de Oíns. E necesario inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas. A inscrión comeza o 9 de Marzo chamando …


Ver →


Obradoiro de cociña en Oins

10 marzo, 2015

Terá lugar no local social de Oíns o 16 de Marzo de 18:00 a 20.00. E necesario inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas. A …


Ver →


TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS

12 marzo, 2014

O día 21 de Os días 23 e 24 de abril das 18:30 as 20:30 horas impartirase un taller de habilidades sociais para aprender a …


Ver →


TALLER DE MOVEMENTO E BENESTAR

12 marzo, 2014

O día 21 de marzo das 17:30 as 19:30 horas impartirase un taller de «Movemento, risa e benestar», co obxectivo  de relaxarnos un anaco, rirnos …


Ver →


TALLER COIDADO DAS PERSOAS MAIORES

12 marzo, 2014

O día 2 de  abril das 18:00 as 19:30, impartirase un taller sobre «Coidado das persoas maiores» na  parroquia de Oins, no local sociocultural, a entrada …


Ver →


TALLER COIDADOS DAS PERSOAS MAIORES

12 marzo, 2014

O día 6 de Marzo con motivo do  «Día Internacional da Muller» haberá una charla na Madanela as 16:00 da tarde a entrada é libre. O …


Ver →


¿De qué estamos a falar cando falamos de amor?

12 marzo, 2014

O día 6 de Marzo con motivo do  «Día Internacional da Muller» haberá una charla na Madanela as 16:00 da tarde a entrada é libre.


Ver →


OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL EN ARZUA

18 octubre, 2013

O 16 de  Decembro de 17:30 a 19:30, obradoiro de cociña en Arzua. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente a partir …


Ver →


Cargar Máis…