Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Ampla oferta formativa da aula CeMIT do concello de Arzúa ata final de ano

Ampla oferta formativa da aula CeMIT do concello de Arzúa ata final de ano
O 27 de xullo ábrese o prazo de inscrición para nove cursos de novas tecnoloxías

A aula CeMIT do concello de Arzúa xa ten programada unha ampla oferta formativa no mundo das novas tecnoloxías para a formación e entretemento dos veciños e veciñas do municipio ata finais deste ano 2022.
A oferta consta de varios cursos de alfabetización dixital e de ofimática. A formación no ámbito da alfabetización dixital será tanto de móbiles como de iniciación á informática e a internet. No caso de ofimática, ensinarase mecanografía e tamén o funcionamento do Procesador de textos LibreOffice Writer, xunto cun curso de retoque fotográfico.
O prazo de inscrición para calquera destes cursos de formación comezará o vindeiro mércores, 27 de xullo. Do mesmo xeito, a aula CeMIT en colaboración con AMTEGA tamén abre o prazo para dúas sesións STEAM, o 1 de setembro para nenos e nenas con idades entre os 8 e os 11 anos, e o 2 de setembro para rapaces entre os 12 e 15 anos. Nas sesións STEAM os e as asistentes iniciaranse de xeito divertido á programación, á intelixencia artificial e á robótica.
As persoas interesadas poden realizar as inscricións ou recabar máis información no número de teléfono 981500447, pasando pola propia aula situada na Rúa de Lugo (ao carón do xulgado) en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas e o venres de 11:00 a 13:30h ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email