Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Política de privacidade

En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante LOPD), o Concello de Arzúa infórmao/a de que os datos de carácter persoal proporcionados ao cubrir os correspondentes formularios de rexistro electrónico contidos no portal, das consultas referentes aos servizos ofrecidos, así como aqueles datos aos que o Concello acceda como consecuencia da súa navegación, serán incorporados nos arquivos automatizados da entidade, podendo exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos nos termos e condicións previstos no apartado 3º. Por outra banda, mediante o rexistro dos datos, o usuario outorga o seu consentimento ao tratamento destes coas finalidades sinaladas.

Naqueles casos onde sexa necesario cubrir un formulario e realizar o envío, a súa realización implicará necesariamente que foi informado (en virtude do artigo 5 LOPD) e, se é o caso, outorgou o correspondente consentimento (a teor do artigo 6 LOPD) ao contido da cláusula anexada ao formulario e á presente política de privacidade. O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese preciso momento daqueles datos que é obrigatorio cubrir e as súas consecuencias en caso de non facelo. Así mesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais solicitados son exactos e veraces.

Rogamos comunique de forma inmediata ao Concello de Arzúa calquera modificación dos seus datos de carácter persoal, co fin de que a información contida nos arquivos municipais, estea en todo momento actualizada e non conteña erros ou desactualizacións.

O Concello de Arzúa infórmao/a se que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba a Lexislación de Medidas de Seguridade dos Arquivos Automatizados que conteñan Datos de Carácter Persoal (RMS). O Concello de Arzua estableceu medidas adicionais para reforzar a confidencialidade e integridade da información nas organizacións, como o establecemento de limitacións ao uso do correo electrónico á hora de enviar datos ou documentos de carácter confidencial. No entanto, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

O Concello de Arzúa continuamente mantén a supervisión, control e avaliación dos procesos para asegurar o respecto á privacidade dos datos.

Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos poderán dirixirse a esta administración, na súa calidade de responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos nos termos previstos pola lexislación vixente. Dado o carácter confidencial da información, vostede non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos rexistrados.

O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Rexistro Xeral do Concello de Arzúa, situado na Rúa de Santiago, 2, 15810 Arzúa (A Coruña), coa seguinte referencia na súa carta: «LOPD Exercicio de dereitos» (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade achegando fotocopia do DNI).

Modificación da política de privacidade

O Concello de Arzúa resérvase o dereito a modificar a súa Política de Privacidade, de acordo co seu propio criterio, ou motivado por un cambio doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos, lexislativo ou xurisprudencial. Calquera modificación da Política de Privacidade será publicada polo menos dez días antes da súa efectiva aplicación. O uso da web despois dos devanditos cambios, implicará a aceptación destes.