Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Policía Local

Entre as principais funcións dos axentes da policía local están as seguintes:

  • Auxiliar e protexer as persoas e bens.
  • Velar polo cumprimento das normas.
  • Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación.
  • Protexer as autoridades da Corporación local e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
  • Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delictivos.
  • Vixiar os espacios públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado.