Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Axudas para a adquisición de material escolar en Arzúa

Ata o día 20 deste mes as familias do municipio poden solicitar estas axudas, que serán de 120 euros por cada alumno ou alumna.

O goberno municipal do concello de Arzúa, a coalición formada por Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE, aprobou a convocatoria de axudas para que as familias do municipio se poidan beneficiar dunha contía económica para a adquisición de material escolar.
O obxecto destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas presenten maiores dificultades para afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas.
Para ser beneficiarios destas axudas as familias interesadas deben cumprir varios requisitos: ter empadroamento no concello de Arzúa, estar escolarizados nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria nalgún dos centros educativos do municipio; estar ao día no pago das obrigas tributarias, da seguridade social, da administración autonómica e das do concello de Arzúa e non superar os ingresos que establece o baremo económico do artigo 6 da convocatoria.

A contía das axudas será de 120 euros para cada alumno ou alumna.

Serán gastos subvencionables os seguintes: material escolar funxible (libretas, folios, cores, lápiz, bolígrafos, carpetas, tinta de impresora…), material complementario (compás, regras, estoxo, mochilas, libros de lectura…); material deportivo (chándal, tenis, camisetas, calcetíns) e roupa de abrigo e calzado.
Un dos documentos necesarios para a xustificación da axuda será a presentación das facturas correspondentes dos gastos realizados para material escolar, dentro do prazo establecido para dito fin. As facturas deben estar expedidas a nome da persoa solicitante da axuda e os conceptos deberán aparecer suficientemente claros e descritos e deberán estar datadas a partires do 1 de agosto de 2022.

A solicitude presentarase preferiblemente a través da sede electrónica do concello de Arzúa, no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou por calquera das vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do día 11 ao 20 de outubro.
As persoas que precisen máis información poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do concello de Arzúa no teléfono 981500000, extensión 140 ou 142.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/10/06/2022_0000006149.pdf

Ver traduccion automatica al castellano: Ver el siguiente enlace

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email