Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

PROGRAMA DE TERMALISMO DEL IMSERSO

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que o IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL.

Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:

Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou incapacidade permanente.

Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestación o subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.

Ser persoa asegurada ou beneficiaria do sistema da Seguridade Social español, con 65 anos cumpridos.

Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia.

Poder valerse por si mesmo.

Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.

Tamén poderán ser beneficiarios, como acompañantes, os cónxuxes ou parella de feito cunha unión estable de convivencia, de quen reúnan os requisitos anteriores.

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ata o día 9 de xaneiro do 2020.

Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ata o día 14 de maio do 2020.

Para máis información e para poder tramitar a solicitude, póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes das datas indicadas para cada quenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email