Os servizos sociais comunitarios son o instrumento de protección social que garante a correcta atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio, mediante un grupo de programas, servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e de potenciar o benestar social da comunidade.
Actúan para lograr unhas mellores condicións de vida, mediante unha atención integral que utiliza todos os recursos dispoñibles, intentando dar resposta ós distintos problemas de carácter social que presentan as persoas, grupos ou comunidade.
Os Servicios Sociais Comunitarios de Arzúa están situados na planta baixa da Casa do Concello e están formados por un equipo multidisciplinar que conta cos seguintes profesionais:
Educador Familiar
Traballadoras Sociais
Martes, Mércores e Xoves de 9:00 a 14:00
As citas serán concertadas previamente, nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 81 52 97
Os programas de actuación que desenvolven os Servizos Socias Comunitarios de Arzúa son:
- Programa de orientación, asesoramento e información
Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos. Inclue as seguintes actuacións:
• Rexistro e toma de datos
• Información
• Valoración.
• Orientación e asesoramento social
• Tramitación.
• Derivación.
• Información e concienciación social.
- Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
• Xantar na Casa
• Teleasistencia Domiciliaria
• Podóloxía
- Programa de inserción social
Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
- Programa de animación, prevención e cooperación social
Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado
• Actividades de Ocio nas Parroquias
• Programa de Alfabetización
• Vacacións do IMSERSO
• Progamas de Termalismo
• Festa dos Maiores
- Programa de Educación Familiar
O Programa de Educación Familiar consiste no traballo, por parte dun técnico especializado, con familias ou persoas nas que se detectan hábitos contraproducentes ou carencias nas súas aptitudes básicas. A maioría das actuacións realizanse a partir da vida cotidiana da persoa ou do grupo familiar no seu fogar, xa que é aquí onde as conductas desadaptadas se crean e se manteñen.