Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

XORNADA “LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI”

XORNADA “LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI”

A Subdelegación do Goberno na provincia da Coruña achegará a Arzúa a iniciativa “La Administración cerca de ti”, coa pretensión de facilitar a cohesión social e territorial, combatir a brecha salarial e garantir a igualdade de oportunidades entre os seus cidadáns.

“La Administración cerca de ti” traerá a Arzúa unha charla informativa sobre o Plan de Acercamento da Administración ao cidadán e sobre as posibilidades e ferramentas que proporciona a administración electrónica. Terá un carácter eminentemente práctico e de utilidade para o cidadán, ofrecéndolle a posibilidade aos asistentes de obter in situ un certificado electrónico, en concreto o que ofrece  a Fábrica Nacional de Moneda e Timbre que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto de Administracións Públicas.

Esta actuación terá lugar en Arzúa o luns, 27 de marzo, ás 11.30h no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

As prazas de asistentes están limitadas a 25 persoas que se poderán inscribir á xornada chamando ao número de teléfono 981500000

As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email