Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Un mural de Lidia Cao lucirá en Arzúa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Un mural de Lidia Cao lucirá en Arzúa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

A artista galega, de recoñecida traxectoria, inicia hoxe os traballos desta intervención artística que pon en valor o papel das mulleres na sociedade e que estará ubicada nos baixos do Multiusos “Terra do Queixo”

Arzúa, 4 de marzo de 2024._ A muralista e ilustradora Lidia Cao inicia hoxe o seu traballo de elaboración dun mural que estará ubicado no baixo do edificio Multiusos “Terra do Queixo”.

Trátase dunha intervención artística organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres con motivo dos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres traballadoras.

A muralista Lidia Cao, natural de Ordes, conta cunha recoñecida traxectoria na arte urbana, que a levou a percorrer o mundo, desde Guinea a Hong Kong, chegando a estar nomeada ao mellor mural do ano de Street Art Cities, unha plataforma que mostra o mellor da arte urbana a nivel mundial. “É un luxo contar con Lidia Cao nesta intervención artística en Arzúa, coa que queremos pór en valor o papel das mulleres na sociedade nun 8 de marzo que ten que ser de reivindicación dos avances conseguidos polo feminismo na defensa da igualdade entre homes e mulleres, e da necesidade de non dar nin un paso atrás e seguir a avanzar na conquista dunha igualdade plena” sinalou a Concelleira de Igualdade no Concello de Arzúa, Lucía López Sobrado.

O mural inaugurarase o vindeiro venres, día 8 de marzo, ás 17 horas e desde a Concellaría de igualdade convidan a toda a veciñanza a participar deste acto e de toda a programación, que continuará o sábado 9 de marzo, pola tarde, coa inauguración da Casa das Mulleres.

 

Un mural de Lidia Cao lucirá en Arzúa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email