Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa está a traballar na ampliación da instalación de fibra óptica.

Actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. Nesta 1ª fase, Rede Aberta non vai poder chegar a todos os lugares destas parroquias, pero dende o concello intentaremos, con orzamento propio, continuar ampliando” salientou Daniel Moscoso concelleiro de facenda e contratación.

Programaremos xuntanzas informativas da man de Rede Aberta para que a veciñanza das parroquias que entren nesta primeira fase teñan toda a información e poidan esclarecer as súas dúbidas sobre este asunto” explicou Carmen Torreiro, concelleira de atención ás parroquias.

Arzúa, domingo 10 de marzoOs concelleiros Daniel Moscoso e Mari Carmen Torreiro, mantiveron unha reunión de traballo cun responsable de Rede Aberta, empresa adicada ao despregamento de redes de fibra óptica neutra (a empregada por distintos operadores) con respecto á extensión de fibra polas zonas do Concello de Arzúa que aínda non teñen este servizo.

Os concelleiros responsabeis analizaron a información con Rede Aberta, onde se amosou un adianto das zonas do concello por onde se vai ampliar a fibra. «Somos conscientes de que non se vai cubrir a totalidade do Concello, pero en seguintes fases continuarase estendendo a fibra ata alcanzar todos os lugares.»

“Actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. Nesta 1ª fase, Rede Aberta non vai poder chegar a todos os lugares destas parroquias, pero dende o concello intentaremos, con orzamento propio, continuar ampliando” salientou Daniel Moscoso concelleiro de facenda e contratación.

Programaremos xuntanzas informativas da man de Rede Aberta para que a veciñanza das parroquias que entren nesta primeira fase teña toda a información e poidan esclarecer as súas dúbidas sobre este asunto” explicou Carmen Torreiro, concelleira de atención ás parroquias.

O Concello de Arzúa está a traballar na ampliación da instalación de fibra óptica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email