Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Subdelegación do Goberno e Concello supervisan as obras de rehabilitación da antiga Casa de Correos

Subdelegación do Goberno e Concello supervisan as obras de rehabilitación da antiga Casa de Correos

 

  • A subdelegada do Goberno destaca o investimento de 620.000 euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
  • O edificio será destinado a actividades culturais e quedará conectado co albergue de peregrinos da localidade

 

Arzúa, 22 de abril de 2021.- A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López- Rioboo, supervisou os traballos de rehabilitación da antiga Casa de Correos, nunha visita na que estivo acompañada polo alcalde de Arzúa, José Luis García López, e a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado, ademáis de técnicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

As labores de rehabilitación e conversión da antiga Casa de Correos de Arzúa, situada na rúa das Dores, nun edificio de uso público destinado a actividades culturais comezaron a finais do pasado ano e contan cun orzamento de 561.404,80 euros, ao que hai que engadir outros 65.000 euros correspondentes á realización do proxecto. O investimento é integro do Ministerio de Transportes.

Tal como explicaron os técnicos do ministerio, o proxecto contempla a recuperación da construcción orixinal, eliminando os engadidos posteriores que se fixeron e adaptando o edificio á normativa vixente e ao seu novo uso como centro cultural, con actividades relacionadas co Camiño de Santiago e a súa interacción en Arzúa donde conflúen dous trazados (Camiño do Norte e Camiño Francés), e con outros usos culturais que considere o concello.

As intervencións inclúen o acondicionamento do xardín, que quedará incorporado á rede de espazos libres de Arzúa, e a conexión dun itinerario que conecta tanto este novo espazo público co xardín do albergue de peregrinos e ao acceso á Capela da Madanela. Os traballos tamén contemplan o tratamento das rúas Cima do Lugar e a calella das Dores, nas áreas próximas ao edificio de Correos, ofrecendo solucións de continuidade.

A actuación é desenvolta polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en colaboración co Ministerio de Cultura, e forma parte dunha serie de iniciativas executadas polo Goberno de España no ámbito do Camiño de Santiago na idea de realzar no posible o Xacobeo, contribuíndo a dinamizar o turismo e xerar actividade económica local.

A rehabilitación, que afecta a 300 metros cadrados no interior do edificio e case mil metros no exterior, cumpre os prazos establecidos de dez meses, aínda que para a evolución dos traballos estase a espera da decisión de Patrimonio da Xunta sobre os restos arqueolóxicos encontrados en diversas zonas da obra e que poderían ocasionar algún posible retraso na finalización.

 

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en pinterest
Pinterest
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en email
Email