Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Nova recollida de plásticos agrícolas polas parroquias

Nova recollida de plásticos agrícolas polas parroquias

A recollida farase os días 27, 28 e 29 de abril de 2021.

Arzúa, 12 de abril de 2021. O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias.

Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plástico e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola (en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares) OS PLÁSTICOS DEBEN PRESENTARSE LIMPOS E ATADOS PARA FACILITAR AS LABORES DE RETIRADA.

O servizo de recollida pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que se sinalan deseguido:

MARTES, 27 DE ABRIL
9:00 BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo
9:30 FIGUEIROA, no Curro
10:00 A CASTAÑEDA, no campo da festa
10:30 VILANTIME, no campo da festa
11:30 MAROXO, no campo da festa
12:00 BRANDESO, no campo da festa
12:30 VIÑÓS, no campo da festa
13:00 TRONCEDA, xunto á escola
13:30 DOMBODÁN, no campo da festa

MÉRCORES, 28 DE ABRIL
9:00 BRANZÁ, xunto á Igrexa
10:00 PANTIÑOBRE, ao carón da escola
11:30 LEMA, no campo da festa
12:00 RENDAL, no campo da festa
12:30 A MELLA, no campo da festa
13:30 VILADAVIL, xunto a pista polideportiva

XOVES, 29 DE ABRIL
9:00 SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
9:30 SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
11:00 SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 OÍNS, no campo da festa
13:00 DODRO, xunto á igrexa
13:30 BURRES, ao carón da escola

Prégase colaboración por parte dos veciños e veciñas respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email