Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Primavera de Cultura (maio 2021)

Programación Primavera de Cultura (maio 2021)
O Concello organiza para os mes de maio dúas exposicións, un ciclo de cine en galego e a celebración do Día das Letras Galegas.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa presenta a segunda parte da programación titulada Primavera de Cultura con diversas actividades para o mes de maio, centradas especialmente na conmemoración das Letras Galegas.
A primeira proposta do mes terá lugar do día 4 ao 14 na Capela da Madanela, lugar escollido para acoller a exposición colectiva e multidisciplinar Enmascarad@s, unha mostra homenaxe ao noso Entroido galego e ao carnaval en xeral que foi adiada no pasado mes de febreiro debido ás restricións sanitarias.
A galería, comisariada por Cristina Carballedo, conta coa participación de 28 artistas galegos e poderase visitar en horario de 18:30 a 20:30h de luns a venres. A inauguración oficial terá lugar o vindeiro martes, 4 de maio, ás 18:30h con entrada libre e control de aforo.
Por outra banda, o venres 7 dará comezo un ciclo de cine en galego coa proxección do filme A illa das mentiras ás 20:00 no telecentro. O venres 21 á mesma hora prográmase o visionado de O que arde e para o 28 a película seleccionada é Trinta lumes. Para poder asistir a calquera das sesións de cine hai que reservar praza previamente contactando co Departamento de Cultura no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com ata o día de cada sesión ás 14:00h.
O luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, Arzúa contará co espectáculo Epístola ás neofalantes da compañía Aldaolado na Praza de Galiza ás 18:00h ou no Multiusos Terra do Queixo, en caso de mal tempo. Unha proposta onde a poesía, a música e sobre todo o humor están orientados a reafirmar a nosa lingua como unha lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura e, sobre todo, con moitas primaveras por diante por obra e graza das persoas neofalantes. Esta actuación será tamén retransmitida en directo a través da páxina de Facebook do Departamento de Cultura.
Por último, a programación do mes de maio complétase coa exposición do Proxecto Kogumelos na que o veciño de Arzúa Agustín Sánchez Carro presenta ao público a súa iniciativa de intervención artística no medio natural, concretamente na contorna do encoro de Portodemouros. Inaugurará a mostra o día 22 ás 17:00h na Capela da Madanela e poderá visitarse na semana do 24 ao 30.
Garantiranse todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19 durante as actividades.

PROGRAMACIÓN:
Do 4 ao 14. Exposición colectiva “Enmascarad@s”
Capela da Madanela | 18:30 a 20:30h (de luns a venres)

Venres 7. Ciclo de cine “Proxecta Galego”: A illa das mentiras
Telecentro | 20:00h
*Reserva obrigatoria no tlf. 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com ata o día da sesión ás 14:00h. Aforo limitado.

Luns 17. Celebración do Día das Letras Galegas.
Actuación de Aldaolado co espectáculo “Epístola ás neofalantes”
Praza de Galiza | 18:00h
*En caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo.

Venres 21. Ciclo de cine “Proxecta Galego”: O que arde
Telecentro | 20:00h
*Reserva obrigatoria no tlf. 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com ata o día da sesión ás 14:00h. Aforo limitado.

Sábado 22. Inauguración da exposición do Proxecto “Kogumelos” de Agustín Sánchez Carro. Capela da Madanela | 17:00h

Do 24 ao 30. Exposición do Proxecto “Kogumelos” de Agustín Sánchez Carro. Capela da Madanela | Consultar horario en sala

Venres 28. Ciclo de cine “Proxecta Galego”: Trinta lumes
Telecentro | 20:00h
*Reserva obrigatoria no tlf. 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com ata o día da sesión ás 14:00h. Aforo limitado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email