Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Reunión do alcalde co persoal do Parque de Bombeiros de Arzúa

A Casa do Concello acolleu unha reunión dunha delegación da equipa de goberno, encabezada polo alcalde, con representantes do Parque de Bombeiros arzuán.

Arzúa 27 de outubro de 2023. O alcalde de Arzúa Xoan Xesús Carril, xunto con membros da equipa de goberno municipal, mantiveron unha reunión con representantes do Parque de Bombeiros de Arzúa, un sector que se atopa en folga desde o pasado mes de xuño en reivindicación de melloras laborais.

Neste encontro abordouse a situación do colectivo e a falta de medios materiais coa que se atopa o Parque, carecendo, por exemplo, dun vehículo de altura que, de necesitalo, ten que vir de Betanzos ou de Carballo.

O alcalde, Xoan Xesús Carril, en representación do goberno municipal trasladoulles o seu apoio na loita por un convenio xusto e digno, e pola mellora nas condicións do sector para garantir a súa seguridade e a de toda a poboación. “Dende o Concello incidiremos nas peticións de incrementar o persoal e os equipamentos, exixíndolle responsabilidade para buscar solucións a este conflito laboral ás autoridades competentes” expresou o acalde nacionalista.

A área de Arzúa comprende aos concellos de Arzúa, Boimorto Melide, Touro, O Pino, Santiso, Toques, Sobrado dos Monxes e Vilasantar. En total da cobertura a 37.000 habitantes cun radio de accion de 851 km².

Reunión do alcalde co persoal do Parque de Bombeiros de Arzúa

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email