Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Consorcio Galego escoitou as demandas sobre a Escola Infantil pero dou unha resposta negativa con respecto ao Centro de Día

O goberno municipal de Arzúa seguirá a traballar para que Arzúa teña un Centro de Día, a pesares da negativa dada polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galiza.

O xerente do Consorcio Galego comprometeuse a enviar un técnico canto antes para poder valorar de primeira man as necesidades que lle foron trasladadas da Escola Infantil de Arzúa.

O Consorcio Galego escoitou as demandas sobre a Escola Infantil pero dou unha resposta negativa con respecto ao Centro de Día

Arzúa 3 de novembro de 2023. O Alcalde do Concello de Arzúa Xoan Xesús Carril e o Concelleiro de Facenda e Contratación Daniel Moscoso, foron recibidos polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social, Perfecto Rodríguez. No transcurso da reunión presentouse un informe elaborado polo técnico do Concello onde se sinalaban os investimentos necesarios na Escola Infantil e tamén trataron un tema moi demandado polas veciñas e veciños de Arzúa, que é a construcción dun Centro de Día.

O Concello está a levar a cabo todos os traballos de mantemento e de conservación da Escola Infantil de Arzúa dende a sinatura do primeiro Convenio no 2008.

Presentáronselle a Perfecto Rodríguez unha serie de actuacións que van máis aló do mantemento, que son altamente demandadas dende fai tempo polas profesoras, nais e pais das crianzas, como o cambio do pavimento en 2 aulas, a substitución das portas e dos aseos para que cumpran a normativa vixente, a reposicición da parte pendente da cuberta, a instalación dunha marquesiña na zona de acceso ao centro ou a substitución da lona que cobre o patio exterior ao contar con numerosas filtracións.

O xerente do Consorcio Galego comprometeuse a enviar un técnico canto antes para poder valorar de primeira man as necesidades que lle trasladaron os representantes do Concello. “Alégranos que o Consorcio Galego se faga eco das nosas demandas. É necesaria a súa colaboración para realizar investimentos e ter unha Escola Infantil moderna e adaptada á normativa vixente. Esperamos que estas actuacións se acometan no próximo verán.” expresou o Alcalde Xoan Carril.

Por outra banda, á saída da reunión o Alcalde Xoan Xesús Carril mostrou a súa decepción ante a negativa do representante do Consorcio de incluir Arzúa dentro dos concellos onde se van construir Centros de Día, por consideralo inviábel. “ O 40% de poboación de Arzúa é maior de 60 anos, temos a obriga de dar resposta ás necesidades e servizos que demanden as veciñas e veciños de Arzúa e non deixaremos de solicitar esta infraestrutura” e engadiu que “o goberno municipal de seguirá a traballar para que Arzúa teña un Centro de Día, a pesares da negativa dada polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galiza.”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email