Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural «Primavera de cultura» 2023

Programación cultural "Primavera de cultura" 2023

ABRIL
Do 30 de marzo ao 22 de abril. Exposición colectiva “O Mosteiro. Arte relixiosa
contemporánea na Capela”
Inauguración o xoves 30 de marzo ás 19:00
Capela da Madanela | 18:30-20:30 (de xoves a sábados)
*En Semana Santa apertura: luns 3, martes 4, mércores 5 e sábado 8

Sábado 1. Día do Libro Infantil e Xuvenil: Espectáculo “Os tres porquiños” de Migallas Teatro
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 12:00h

Venres 21. Presentación do libro oficial de “Arrieiros somos” con Rubén Riós
Capela da Madanela | 20:00

Do 21 ao 30 de abril. Campaña “Arzúa Conta”.
Campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila. Con cada merca dun libro, recibirás un agasallo (ata fin de existencias).

Do 27 de abril ao 12 de maio. Exposición “Nós somos elas”
En colaboración co CIM Arzúa
Capela da Madanela | 18:30-20:30 (de xoves a sábados)

MAIO
Do 2 ao 15 de maio. Elixe a túa palabra en galego favorita e entra no sorteo dun lote de libros
Bases do concurso aquí
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (durante o seu horario de apertura)

Venres 5. Programa “En galego, que ben soa!!”: Concerto de MJ Pérez (formato dúo)
Capela da Madanela | 21:00

Venres 12. Programa “En galego, que ben soa!!”: Obradoiro “MúsicAs GalegAs” co tiktoker e xornalista musical Rodri Míguez.
Capela da Madanela | 11:30 (actividade escolar para alumnado da ESO)

Mércores 17. Celebración do Día das Letras Galegas
Actuación de música e baile tradicional a cargo de O Bringuelo
Sorteo da actividade “Elixe a túa palabra en galego favorita”
Multiusos Terra do Queixo | 18:00

Venres 19. Presentacón de “A invencion da Gallaecia e a minaría do ouro” con Óscar Pazos Rodríguez
Capela da Madanela | 20:00

Sábado 27. Programa “En galego, que ben soa!!”: Concerto infantil de Chuches Amil
Capela da Madanela | 18:00

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email