Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

BASES DO CONCURSO “ELIXE A TÚA PALABRA EN GALEGO FAVORITA”

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza a actividade “Elixe a túa palabra en galego favorita” con motivo da celebración das Letras Galegas 2023 coa finalidade de fomentar o uso e coñecemento da lingua galega a través dunha actividade participativa. O concurso celebrarase de acordo coas seguintes BASES:

1ª: A actividade desenvolverase do 2 ao 15 de maio de 2023.

2ª: Poderán participar persoas de calquera idade cubrindo unha papeleta por persoa na que deberán indicar nome e apelidos, idade, nº de teléfono de contacto, a palabra en galego favorita e unha breve explicación da elección da palabra correspondente. Quedan excluídas as palabras malsoantes, ofensivas e os nomes propios. As papeletas estarán dispoñibles na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e serán depositadas nuha urna ubicada tamén na biblioteca durante o horario habitual de apertura da mesma.

3ª: Entre todas as papeletas farase o sorteo dun lote de libros en lingua galega para diversas idades valorado en 150 euros.

4ª: O sorteo celebrarase o día 17 de maio ás 19:00 horas no Multiusos Terra do Queixo. Un representante do Departamento de Cultura, nun acto público, sacará da urna unha papeleta que será a premiada. O Departamento de Cultura contactará coa persoa premiada a través do nº de teléfono indicado na papeleta extraída e poderá recoller o premio na Oficina de Cultura e Deportes no prazo de 2 meses a contar desde o día do sorteo.

5ª: A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

O presente premio será outorgado con cargo á partida orzamentaria 431.480.02 do vixente orzamento ata o límite de 150 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email