Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural «Outono a escena» 2021

Programación cultural "Outono a escena" 2021

PROGRAMACIÓN CULTURAL “OUTONO A ESCENA” 2021

OUTUBRO
Sábado 2. Música: Mallou con “Cantares da terra”. Capela da Madanela | 18:00
Venres 15. Proxección: Curta “Escondite inglés” (IES de Arzúa). Aula 3 do Multiusos Terra do Queixo | 21:00
Sábado 16. Teatro: Dínamo Producións con “Por vía oral”. Multiusos Terra do Queixo | 18:00
Sábado 23. Contacontos: Magín Blanco con “O que levamos nas maletas” (público infantil e familiar). Multiusos Terra do Queixo | 18:00
Venres 29. Presentación do libro: “Diario dun confinamento” de Xosé Carlos Carracedo Porto. Capela da Madanela | 20:00
Sábado 30. Música: Entrelas Grupo Vocal con “Elas a capela”. Capela da Madanela | 18:00

NOVEMBRO
Venres 12. Monólogo: Duarte Galbán con “Vello aos vinte e pico”. Aula 3 do Multiusos Terra do Queixo | 21:00
Luns 15. Día da Infancia: Lydia Botana con “De aquí para alá”. Función escolar | 11:30
Martes 16: Día da Infancia: Conticánticos con “Os Trotasongs”. Función escolar | 11:30
Mércores 17: Día da Infancia: Mago Dani Polo con “Galego: Maxia”. Función escolar | 11:30
Xoves 18: Día da Infancia: Xoan Curiel con “Ao encontro de Martín Códax”. Función escolar | 11:30
Venres 26. Monólogo: Victor Grande con “Imos poñernos serios”. Aula 3 do Multiusos Terra do Queixo | 21:00

• Garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección

NOTA DE PRENSA:
O programa cultural Outono a escena volta de novo a Arzúa da man da concellaría de Cultura que dirixe Aurora Varela. Por sexto ano consecutivo, todos os veciños e veciñas do municipio poderán desfrutar dunha iniciativa que encherá de actuacións musicais e teatrais as fins de semana dos meses de outubro e novembro, con espectáculos para todos os públicos.
O certame ofertará doce propostas culturais repartidas nos dous meses. A primeira delas terá lugar este sábado, día 2 de outubro, na Capela da Madanela ás seis da tarde onde terá lugar a actuación do dúo Mallou co espectáculo musical “Cantares da Terra”. Mallou son Sabela Rey e Benxamín Vázquez e nace como consecuencia natural dunha viaxe conxunta entre o country, blues, soul e a música galega. Achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf. O concerto transcorre por cancións e poemas, pola reinterpretación do “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, na voz de Amancio Prada, do “Negra Sombra” de Xoán Montes Capón, e do “Volvín á terra pero perdín o amor” de Suso Vaamonde, entre outras.
Na xornada do venres 15 de outubro proxectarase a curta “Escondite inglés” coa que o IES de Arzúa gañou o Concurso de guións contra a violencia de xénero da Deputación da Coruña. A proxección terá lugar no Multiusos Terra do Queixo ás 21:00h.
O sábado 16 a compañía Dínamo Produccións representará a obra cómica “Por vía oral” na que dous divertidos personaxes analizan o sistema sanitario actual dende un punto de vista humorístico. Dita función realizarase no Multiusos Terra do Queixo ás 21:00h.
Nas seguintes semanas contarase tamén co contacontos musical para público familiar “O que levamos nas maletas” de Magín Blanco o sábado 23, coa presentación do libro de Xosé Carlos Carracedo Porto “Diario dun confinamento” o venres 29 e co concerto do grupo vocal feminino Entrelas na Capela da Madanela o sábado 30 de outubro.
A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público infantil para conmemorar o Día do Infancia.
A Concelleira de Cultura, Aurora Varela, aproveitou a presentación da nova programación cultural de outono para convidar a todos os veciños e veciñas “a participar nas actuacións previstas que de seguro resultan do interese e agrado de todos os públicos dada a traxectoria e calidade de cada unha das propostas”, sinalou ademais que “todas as actuacións cumprirán estrictamente os protocolos de hixiene e prevención fronte á covid-19”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email