Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Convocatoria e modelos de solicitude obradoiro dual de emprego «Arzúa-Boimorto-Santiso»

Na data de hoxe, 29.09.2021, publicaronse no taboleiro de anuncios da sede electrónica as Convocatorias e os modelos de solicitude para a selección do alumnado traballador e persoal do Obradoiro de emprego «Arzúa – Boimorto – Santiso».

O prazo para presentación de solicitudes será os dias 30 de setembro e 1 de outubro. Na publición do taboleiro recollense os distintos modelos a presentar en función do posto ao que se aspira (mestres – alumnado – dirección/administrativo).

A data e hora das entrevistas é a que segue:

  • Alumnado: Luns 4 de outubro ás 10:00 no Edificio Multiusos de Arzúa.
  • Persoal directivo: Martes día 5 de outubro ás 10:00 h. na Casa Consistorial de Arzúa.
  • Mestres/as especialidade: Martes día 5 de outubro ás 11:00 h. na Casa Consistorial de Arzúa.
  • Mestre/a xestión empresarial: Mércores día 6 de outubro ás 10:00 h. na Casa Consistorial de Arzúa.
  • Mestre/a titor/a: Mércores día 6 de outubro ás 11:00 h. na Casa Consistorial de Arzúa.
  • Auxiliar administrativo/a: Mércores día 6 de outubro ás 12:00 h. na Casa Consistorial de Arzúa.

Ver o anuncio no taboleiro

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email