Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Comezan as obras para adecuar “O Chiringuito” da Área Recreativa de Ribadiso en Arzúa

O Concello de Arzúa asinou o convenio para esta actuación coa Axencia de Turismo de Galicia no 2022.

Arzúa, 26 de Outubro. Hoxe o Alcalde Xoán Xesús Carril, a Concelleira de Turismo Begoña Balado e o Concelleiro de Facenda e Contratación Daniel Moscoso visitaron as obras que se están a realizar de renovación do Bar-Cafetaría da Área Recreativa de Ribadiso, máis coñecido como “O Chiringuito”.

Comezan as obras para adecuar “O Chiringuito” da Área Recreativa de Ribadiso en Arzúa

Gran parte do financiamento desta obra é a cargo do convenio bianual de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés que o Concello de Arzúa asinou en 2022.

O proxecto inclúe o levantado da canalización actualmente soterrada para realizar unha canle revestida, a drenaxe perimetral no ámbito das escadas cara a zona do río, a ampliación da zona pavimentada da cantina mellorando a súa accesibilidade, o pintado dos paramentos exteriores, substitución das luminarias, reposición de papeleiras e reparación do solado de pizarra nas zonas precisas.

A concelleira de Turismo, actual vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés Begoña Balado, subliñou que “desde o Concello apostamos pola área de Ribadiso. En 2023 rematamos as obras de humanización do núcleo do Albergue Público e darémoslle continuidade con estas melloras na Área Recreativa”.

O alcalde de Arzúa e concelleiro de Obras no Rural, sinalou “a importancia de revitalizar a Área Recreativa de Ribadiso coa renovación do Chiringuito para as veciñas e veciños de Arzúa e poder desfrutar deste espazo único no noso concello”, e engadiu “que xa nos poñemos a traballar para poder sacar a licitación da concesión a tempo para a próxima tempada”.

Desde alcaldía afirman que é unha “mellora necesaria para esta contorna emblemática tan usada pola veciñanza e que tamén pode ser un gran atractivo para turistas e peregrinos pola súa proximidade ao Camiño de Santiago”. Ao fío disto engaden que a sinatura do convenio 2024-2025 traerá “máis melloras para este enclave tan particular de Arzúa”.

Comezan as obras para adecuar “O Chiringuito” da Área Recreativa de Ribadiso en Arzúa

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email