Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Clausura do obradoiro de emprego “Natureza no Camiño”

O alcalde Xoán Xesús Carril e a Concelleira de Promoción Económica e Emprego Begoña Balado, participaron en Melide na clausura do obradoiro de emprego “Natureza no Camiño”.

clausura do obradoiro de emprego “Natureza no Camiño”

Esta semana o alcalde de Arzúa Xoan Xesús Carril e a Concelleira de Promoción económica e Emprego Begoña Balado, participaron na clausura do obradoiro de emprego «Natureza no Camiño» que se celebrou na sala de conferencias do edificio Multiusos do Concello de Melide.

Asistiron neste acto xunta aos alcaldes de Melide, Toques e Santiso, o xefe territorial da Consellería de Emprego, a concelleira de Promoción Económica de Melide, alumnas e alumnos participantes e profesorado.

Neste obradoiro de emprego formáronse durante un ano un total de 20 alumnas e alumnos en materias relacionadas coa repoboación forestal ou tratamentos silvícolas recibindo clases teóricas e prácticas para poder desenvolverse profesionalmente. Entre as actuacións realizadas polo alumnado no noso concello hai que destacar os traballos de roza e mantemento na Mota, Oíns, Castro Curbín, Tronceda, Dombodán e Burres.

“É moi importante a unión e colaboración entre os concellos con estos obradoiros e  proxectos que se poidan levar a cabo, foméntase o desenrolo social e económico sostible, equilibrado e igualitario dos municipios  dando oportunidades as nosas veciñas e veciños” destacou o alcalde Xoan Xesús Carril.

A concelleira de Promoción Económica Begoña Balado tamén sinalou que “os obradoiros como o que hoxe clausuramos aportan aos seus participantes unha formación e experiencia para a súa vida profesional. Melloran a empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación coa práctica laboral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email