Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa participa outro ano máis na Campaña de Neve da Deputación da Coruña

O Concello de Arzúa participa outro ano máis na Campaña de Neve da Deputación da Coruña, que volverá a celebrarse na estación de Valgarde- Pajares (Asturias). Nesta campaña poden participar nenos e nenas de idades comprendidas entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2023) e que estean empadronados na nosa vila.

As nenas e nenos de Arzúa participarán na 6ª quenda que se celebrará do 16 ó 19 de febreiro de 2024.

O prezo da actividade son 85€, onde inclúe: transporte, estadía e manutención na Estación de Valgrande- Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento do material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Para a inscrición desta actividade teñen que pasarse pola Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa, no edificio Sociocultural María Mariño (Preguntar por Pachal), ou chamando aos teléfonos 981500222 ou 676172978.

A data límite para inscrición é o 1 de decembro de 2023.

Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024

O Concello de Arzúa participa outro ano máis na Campaña de Neve da Deputación da Coruña

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email