Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa programa o obradoiro «Dereito ao coidado, coidados con dereitos»

O Concello de Arzúa programa o obradoiro "Dereito ao coidado, coidados con dereitos"

Co gallo da conmemoración do día das mulleres, desde a área de igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase unha campaña  de sensibilización, visibilización e denuncia da vulneración dos dereitos das mulleres no ámbito laboral: “É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real”.

Unha da liña de actividades desta campaña ten como obxectivo crear espazos de formación centrados nos dereitos laborais das traballadoras do ámbito dos coidados. Así, ponse en marcha un circuíto de obradoiros por diferentes comarcas da provincia durante os meses de marzo e abril.

Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereitos

Estes obradoiros terán lugar en Arzúa, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carballo, Oroso e Zas.

O Concello de Arzúa forma parte deste circuíto promovendo un obradoiro de dúas horas dirixido a traballadoras do ámbito dos coidados e do fogar. O gran obxectivo é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas; así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Esta formación terá lugar o luns 17 de abril de 16:30 a 18:30 na Capela de Madalena.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse neste formulario, no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas.

Podedes seguir a información da campaña na web premendo aquí e nas redes empregando o cancelo #ÉporserMuller.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email