Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa informa da nova recollida de plásticos agrícolas. A recollida farase os días 12, 13 e 14 de setembro

Arzúa, 5 de setembro de 2023. O Concello de Arzúa informa de que os vindeiros días 12, 13 e 14 de setembro terá en todas as parroquias unha nova recollida de plásticos derivados da actividade agrícola.

O servizo de recollida de plásticos agrícolas achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que aquela veciñanza que teña plásticos e queira desfacerse del deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola (en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar o labor de retirada dos mesmos.

As datas, horarios e lugares da recollida en cada parroquia son as seguintes:

MARTES, 12 DE SETEMBRO
9:00 BOENTE, no tramo da estrada antiga, en Boente de abaixo.
9:30 FIGUEIROA, no Curro.
10:00 A CASTAÑEDA, no campo da festa.
10:30 VILANTIME, no campo da festa.
11:30 MAROXO, no campo da festa.
12:00 BRANDESO, no campo da festa.
12:30 VIÑÓS, no campo da festa.
13:00 TRONCEDA, xunto á escola.
13:30 DOMBODÁN, no campo da festa.

MÉRCORES, 13 DE SETEMBRO
9:00 BRANZÁ, xunto á Igrexa.
10:00 PANTIÑOBRE, ao carón da escola.
11:30 LEMA, no campo da festa.
12:00 RENDAL, no campo da festa.
12:30 A MELLA, detrás do Local Social.
13:30 VILADAVIL, xunto a pista polideportiva

XOVES, 14 DE SETEMBRO
9:00 SANTA MARÍA, no cruce de Seixas.
9:30 SANTO ESTEVO, xunto á Igrexa.
11:00 SAN MARTIÑO, no campo da festa.
12:30 OÍNS, ao lado da pista polideportiva.
13:00 DODRO, xunto á Igrexa.
13:30 BURRES, ao carón da escola.

Desde o Concello de Arzúa prégase colaboración por parte da veciñanza, respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira.

O Concello de Arzúa informa da nova recollida de plásticos agrícolas. A recollida farase os días 12, 13 e 14 de setembro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email