Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

6ª edición de «Arte na rúa»

6ª edición de "Arte na rúa"

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres, 8 de setembro, dentro da programación de verán, a sexta edición da actividade Arte na rúa.

Trátase dunha xornada na que artistas profesionais de distintos puntos de Galicia traballarán obras en directo nas que Arzúa e o Camiño de Santiago serán o fío condutor. A actividade desenvolverase na contorna da Capela da Madanela e Praza de Galiza.

Nesta sexta edición confirmaron a súa participación un total de dezanove artistas, entre os que se atopan as arzuás Rebeca Novo, María José Plata e Silvátiica.

As creacións artísticas faranse de 10:30 a 13:30h da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade. Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela. A galería estará aberta do 11 ao 16 de setembro na Madanela en horario de 18:30 a 20:30h da tarde.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, animaba esta mañá “á veciñanza e visitantes a pariticipar nesta actividade na que os artistas saen á rúa e posibilítase tanto un contacto directo con eles como co proceso de creación dunha obra”. Ademais, quixo destacar que “esta iniciativa forma parte dun programa expositivo pioneiro no noso concello no que a Capela da Madanela abre todo o ano con diferentes exposicións atraendo xa dende a súa posta en marcha na pasada Semana Santa a máis de 9.000 visitas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email