Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS GRATUÍTOS EN COMPETENCIAS DIXITAIS

NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS GRATUÍTOS EN COMPETENCIAS DIXITAIS

O Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, acolle desde o pasado mes de novembro o programa da Xunta de Galicia “Muller Dixital”, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego en accións formativas para a adquisición de competencia dixital.

O Programa, financiado pola Unión Europea, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, procura a mellora das capacidades dixitais das persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Despois da realización do curso de competencias dixitais básicas e o curso de competencias dixitais avanzadas chega unha nova convocatoria. Neste caso de competencias dixitais básicas para o emprendemento.

Os contidos desta nova edición, que atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a Cidadanía, versarán sobre a iniciación e busca de información en contornos dixitais, a comunicación e creación de contidos e, especificamente sobre competencias dixitais básicas para o emprendemento, nas que se traballará sobre:

• Recursos tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento da idea de negocio a emprender.
• Adquisición de bens, produtos e servizos a través de webs e plataformas de comercio electrónico.
• Comercialización de bens, produtos e Servizos en portais e plataformas de venda dixitais.
• Relación coas Administracións Públicas por medios electrónicos mediante o certificado.

O curso realizarase na Aula Cemit do Concello de Arzúa en horario será de 10:00 a 14:00. Comezará o próximo 7 de marzo e ao rematar, outorgarase acreditación oficial e dotarase ás participantes dun terminal dixital; nesta caso, unha tablet con teclado externo.

As inscricións realizaranse no teléfono 881 820 345 ou no 621 18 08 97 e por correo electrónico en info@mullerdixital.gal

Para máis información podes acudir ao Centro de Información ás Mulleres (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao teléfono 981 501 101.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email