Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ACADAR pon en marcha en Arzúa o programa Enrédate.

ACADAR pon en marcha en Arzúa o programa Enrédate.

Cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e do Fondo Social Europeo Plus, ACADAR conta co apoio do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa para desenvolver as actividades na vila.
O proxecto busca prestar un servizo de atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade, facendo fincapé nas zonas denominadas como pouco poboadas segundo o IGE. O obxectivo de Enrédate é, a través de accións tanto a nivel individual coas participantes como a nivel grupal, potenciar as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma.
É un programa totalmente gratuíto, no que os obradoiros grupais darán comezo en Arzúa o 21 de marzo e se desenvolverán semanalmente na Casa Beatriz ata o 21 de abril. Trataranse diversas temáticas, flexibles en función das necesidades das participantes, como autoestima e autoconcepto, habilidades de comunicación, recursos para persoas con discapacidade, igualdade de xénero, etc.
Para máis información pódese contactar co CIM de Arzúa ou directamente con ACADAR no teléfono 674 073 092 ou no correo info@acadar.org.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email