Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

I Ciclo de encontros “Mulleres, Saúde, Benestar”

I Ciclo de encontros “Mulleres, Saúde, Benestar”

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa organiza durante o mes de marzo o I Ciclo de Encontros “Mulleres, Saúde, Benestar”, no que participarán diversas expertas de entidades e administracións públicas para abordar diferentes dimensión da saúde e o benestar das mulleres.

O primeiro encontro terá lugar o 6 de marzo, e contaremos con Lucía Paz López, nutricionista do Centro de Saúde de Arzúa. Nesta sesión titulada “Alimentación saudable e muller” trataremos sobre alimentación saudable e sobre as adaptacións nutricionais máis importantes no ciclo vital da muller. Ademais tentaremos de proporcionar ferramentas que axuden a solucionar problemas habituais de ámbito alimentario.

O 13 de marzo será a quenda de Mariluz Vázquez Regueiro, traballadora social e coordinadora da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR. Neste encontro, titulado “A realidade das mulleres con discapacidade” falaremos da importancia da participación social, os beneficios de crear redes de apoio e da saúde psicolóxica e social das mulleres con discapacidade.

No terceiro encontro, o 20 de marzo, contaremos coa Asociación querENDO de mulleres con endometriose. Nunha sesión titulada “Endometriose, a epidemia oculta”, Iria Villar Rodal explicaranos que é a endometriose, cales son as posibles causas, os tratamentos que existen a día de hoxe e da situación das mulleres con endometriose no SERGAS.

Por último, o 27 de marzo teremos o obradoiro de autoestima Querendo ME, no que se realizaran diversas dinámicas para o autocoñecemento e a posta en valor das capacidades e logros das participantes. Este obradoiro será impartido por María José Gil de Movemiento por la Paz.

Os encontros realizaranse todos os luns de marzo ás 16:30 na Capela da Madalena. Están abertos a toda a cidadanía e para asistir non é necesaria inscrición.

Para más información pódese contactar co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, na Rúa Santiago, 2, ou chamando ao teléfono 981 501 101.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email