Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa contará cun Punto de Información Móbil de Movemento pola Paz dirixido a persoas migrantes.

O Concello de Arzúa contará cun Punto de Información Móbil de Movemento pola Paz dirixido a persoas migrantes.

 

 

 

 

 

 

 

 

Movemento pola Paz-MPDL en Galicia porá en marcha un Punto de Información Móbil no concello de Arzúa, en coordinación co Centro de Información ás Mulleres e cos Servizos Sociais, no que constitúe unha proposta de coordinación e achegamento ao concello da súa experiencia na atención a mulleres e, en particular mulleres migrantes.

A proposta pretende contribuír a reforzar aquelas áreas de intervención que xa levan a cabo dende o Concello, aportando un equipo complementario e especializado de profesionais que contribúa a ampliar a oferta de asistencia social no concello de Arzúa, desde a coordinación e comunicación continua coa equipa municipal.

O Punto de Información móbil terá dúas liñas de actuación durante o ano 2023. Por unha banda, un punto de atención composto por unha traballadora social e unha avogada dirixido a persoas migrantes, en especial, a mulleres. E por outra, a realización de actividades formativas, informativas e de sensibilización dirixidas tanto a poboación migrante como á cidadanía en xeral.

A primeira destas actividades consistirá nun obradoiro xurídico gratuíto sobre os mecanismos para a regularización administrativa de persoas migrantes. Será o próximo 27 de febreiro en horario de 11:30 a 13:30 na Aula Multiusos de Edificio Sociocultural María Mariño.

Esta actividade está dirixida tanto á poboación migrante como a profesionais do ámbito social ou empresariado da contorna, e para asistir non é necesaria inscrición.

Para más información pódese contactar co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, na Rúa Santiago, 2, ou chamando ao teléfono 981 501 101.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email