Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo. Día Internacional da Muller

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo. Día Internacional da Muller

Este ano, para a campaña do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller 2023, Cruz Vermella quere centrarse no recoñecemento das discriminacións interseccionais.

A interseccionalidade fai referencia á interacción de dous ou máis factores sociais que definen a unha persoa. Cuestións como a identidade dunha persoa tales como a raza, a presenza de discapacidade ou orientación sexual, entre outras, non afectan a unha persoa de xeito separado, senón que se combinan de distintas formas, creando desigualdades (ou vantaxes) múltiples.

Dende Cruz Vermella Xuventude quérese visibilizar a importancia de que o feminismo inclúa a tódalas mulleres que sofren distintas opresións, xa que o obxectivo común é conseguir unha igualdade plena de dereitos. É polo tanto moi importante facer fincapé nas diferentes realidades ás que se enfrontan as mulleres e que incrementan a desigualdade.

Ao longo desta semana Cruz Vermella desenvolverá diversas actividades de sensibilización en varias localidades da provincia, entre elas aquí en Arzúa, onde se procederá a reparto de material divulgativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email