Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa organiza con SEDRA o obradoiro de sexualidade “Encantada de coñecerme”

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, e a Federación de Planificación Familiar SEDRA desenvolverán unha nova edición do obradoiro presencial sobre autocoñecemento e saúde sexual dirixido a mulleres.

O Concello de Arzúa organiza con SEDRA o obradoiro de sexualidade “Encantada de coñecerme”

Estes obradoiros están dirixidos a crear espazos de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais.

Estes talleres terán como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquietudes, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, en base ao seu propio marco de valores.

Así mesmo, os talleres permitirán mellorar as súas actitudes cara á sexualidade, entendéndoa como unha dimensión humana fundamental, como unha realidade diversa e como un valor; e mellorará as súas habilidades de comunicación e negociación.

Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual. Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivencias e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.

Os contidos son:

  • Concepto de sexualidade, saúde sexual e outras cuestións afíns.
    • Autoestima e benestar.
    • Momentos vitais clave.
    • Entre a pel e a cultura; o sistema sexo-xénero.
    • Anatomía e fisioloxía da sexualidade, a erótica e a reprodución.
    • Hixiene e coidados. Maternidade.
    • Prácticas conceptivas, aconceptivas e métodos anticonceptivos.
    • Prevención de infeccións de transmisión xenital, buco-xenirtal e VIH.
    • Relacións de parella. Mitos relacionados co amor romántico. Roles de xénero.
    • Creación de relacións positivas e saudables.
    • Sistema normalizado de atención á saúde. Recursos de proximidade.

O obradoiro constará de dúas sesións que se impartirán os sábados 28 de outubro e 11 de novembro na Casa Beatriz.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2), chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 26 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email