O vindeiro LUNS e MARTES día 30 e 31 de decembro de 2019, desprazarase ata o campo da feira do Concello de Arzúa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para levar a cabo unha campaña de doazón de sangue.
O seu horario é
– O luns 30 de decembro de 16:00 a 21:00 horas.
– O martes 31 de decembro de 10:00 a 14:00 horas.
Agradecemos a túa doazón e animamos a todos e a todas para que colaboredes nesta campaña.
O TEU SANGUE É VIDA. COMPÁRTEA.
Achégate coa Tarxeta de Doador, DNI ou documento similar.