Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2020

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario para o ano 2020 de forma gratuíta.

Coincidindo coa Feira de Nadal, este domingo 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo. O mercado estará animado tamén pola música tradicional do grupo Gaiteiros da Ponte do concello veciño de Santiso.

Nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Os veciños e veciñas que residan na propia vila de Arzúa poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. E, ademais, nos seguintes establecementos que colaboran colocando os carteis da programación cultural ao longo de todo o ano: Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan, Confitería La Esquina, Mesón Os Catro Ventos, Librería Cartafol e Os Picariños. Tamén estarán dispoñibles no Centro de Saúde e Piscina climatizada.

E os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano á memoria do noso pobo grazas á colaboración do arquivo fotográfico de Radio Arzúa que no 2020 celebra o seu 25º aniversario. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar fotos antigas do noso municipio e desfrutar da lectura de citas breves sobre o que nos une como comunidade.

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2020

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email