Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa protagonizará un dos capítulos da nova serie do produtor e actor Rubén Riós

Arzúa protagonizará un dos capítulos da nova serie do produtor e actor Rubén Riós

“Arrieros somos” é o título desta miniserie documental que percorrerá diversos lugares de Galicia dándolle un especial protagonismo ás persoas

O Concello de Arzúa vén de confirmar a súa participación na serie-documental “Arrieiros somos”, unha idea orixinal do recoñecido actor e produtor Rubén Riós.

A equipa de rodaxe da produtora Claqueta Coqueta e La sombra estudios desprazouse o pasado 18 de xaneiro ata Arzúa para grabar un dos capítulos desta nova entrega. Arrieiros Somos nace despois do éxito de “Camiñantes do noso” que se adentrou nas aldeas polas que transcorre a vía da prata do Camiño de Santiago co obxetivo de destacar a importancia da vontade, das ensinanzas, das tradicións e dos recordos dos nosos maiores, que tan azotados están sendo pola pandemia da Covid-19.

Os testemuños destas persoas cargadas de anos, de sabedoría e de experiencia son os protagonistas xirando arredor de temas como o abandono rural, soidade, coronavirus, familia, orgullo galego, violencia de xénero e emprendemento empresarial.

A serie acadou cerca das 100.000 visualizacións en Youtube, e un grande impacto e alcance nas distintas redes sociais. Tamén se pode ver os sábados e domingos as 11:55 horas na Televisión de Galicia.

Agora, baixo o título de “Arrieiros somos”, nesta miniserie documental o coñecido actor e produtor Rubén Riós percorre varios lugares de Galicia manténdose a esencia de Camiñantes do noso pero con moitas novidades, adentrándose máis nas relacións e o amor das persoas aos seus e ao noso. Os protagonistas desta primeira entrega son Cecília Camino de 92 anos e o seu fillo Manoliño de 53; unha historia que nos fará ver o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural.

Esta produción estrearase este venres, 12 de febreiro, as 21:00h na canle de YouTube “Orgullo Galego”: https://www.youtube.com/channel/UCe47pH8XQw57JdwKKhZu9pw

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email