A Festa do Queixo celebrarase en marzo en streaming
Estará dedicada aos nenos, chamarase «edición XS» e será totalmente online
O Concello de Arzúa denominou esta 46ª edición do evento, que se leva celebrando desde 1976 de forma ininterrompida, como a «edición XS» por estar dedicada especialmente aos nenos e tamén polo seu programa de pequeno formato e adaptado este ano ao celebrarse totalmente online, con retransmisión en streaming de todas as actividades e concertos desde a web www.festadoqueixo.org.
O programa desta primeira fin de semana de marzo abrirase o sábado 6 de marzo ás 11 h cun pregón compartido, protagonizado e escrito de xeito colaborativo polo alumnado dos centros educativos de Arzúa.