Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Escolas deportivas e culturais 2020-2021

Escolas deportivas e culturais 2020-2021
O Concello de Arzúa presenta as actividades das escolas deportivas e culturais para o curso 2020-2021 adaptadas aos protocolos vixentes e abre prazo de inscrición.
Por unha banda, o Departamento de Deportes cotinúa apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe a partir dos cinco anos. Completa esta oferta coa disciplina de Zumba para maiores de 18 anos.
Por outra banda, o Departamento de Cultura continúa coa actividade de Danza Moderna dende os 5 anos nas tardes dos xoves e mantén o grupo de persoas adultas iniciado o curso pasado. Tamén continúan as clases de Pintura a partir dos 5 anos de idade.
O prazo para incribirse en calquera das actividades mencionadas será do 15 ao 30 de outubro na oficina de Cultura e Deportes situada na Rúa Padre Pardo, 33, 1º andar. Abrirase un segundo prazo do 2 ao 30 de novembro para cubrir posibles prazas libres.
Todas as actividades comezarán a primeira semana de novembro e levaranse a cabo cumprindo os protocolos anti Covid-19. O seu desenvolvemento estará suxeito á evolución da pandemia.
Para máis información, poden chamar ao teléfono 981500222.

CARTEL ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS 2020-2021

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email