Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa avanza nos preparativos da programación cultural do vindeiro Nadal

Arzúa avanza nos preparativos da programación cultural do vindeiro Nadal

  • Primarán os espectáculos co público sentado e propostas itinerantes para dinamizar a vida comercial da vila

Varias semanas leva xa o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa traballando no deseño da programación do vindeiro Nadal 2020-2021. Unha reunión celebrada a pasada semana entre a Concelleira de Cultura, o técnio municipal desta área e o alcalde permitiu avanzar na concreción das actividades que protagonizarán un Nadal diferente.
O obxectivo deste departamento é ofrecer un programa de actividades seguras e dirixidas a todos os públicos, aínda que especialmente ao infantil e familiar durante os meses de decembro e comezos de xaneiro. Desta forma contarase no noso municipio con espectáculos de música, teatro, maxia e circo cumprindo todos os protocolos vixentes.
Continuarase apoiando a artistas locais a través de varias actuacións e con dúas exposicións na Capela da Madanela que visibilizarán proxectos e a obra de dous veciños.
Outra finalidade moi importante que o Concello ten moi presente é axudar ao tecido comercial e hostaleiro con estas actividades, polo que durante as festas contarase con animación polas rúas da vila como a Ruada do Apalpador, música itinerante e a celebración dunha nova edición do Día do Comercio Local.
O 8 de decembro celebrarase por oitavo ano consecutivo desta xornada que pretende apoiar e darlle valor ao sector comercial local con promocións, ruta de tapas e diversas actividades que se irán definindo nos vindeiros días.
A reunión do Departamento de Cultura coa alcaldía serviu tamén para abordar unha das maiores preocupacións e retos desta programación, a Cabalgata de Reis. As circunstancias actuais impiden a súa realización no formato habitual ao que estamos acostumados, antenpoñendo a saúde pública ás aglomeracións de público que se producen cada 5 de xaneiro. Aínda así, conscientes da importancia desta tradición e da ilusión que depositan neste día os máis pequenos da casa, o Departamento de Cultura deseñou para ese día unha gala que levará por título “A Maxia dos Reis Magos”. Nesta proposta haberá que incrcibirse previamente para controlar o aforo e o público estará sentado presenciando un gran espectáculo de maxia, teatro e que contará coa visita das Súas Maxestades. Este ano para garantir a distancia persoal de seguridade non poderán atender un a un a todos os menores pero iguamente pasarán polo Multiusos Terra do Queixo a saudalos e a entregarlles un agasallo coa axuda dos seus paxes.
A medida que se vaian achegando esas datas, irase ampliando información.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email