Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural: Agosto 2020

Programación cultural: Agosto 2020

O martes, día 4 de agosto, terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da mostra titulada “Bo Camiño” que abrirá a programación cultural de agosto.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio das actividades plantexadas para este mes de agosto.

En primeiro lugar, o vindieiro martes abrirase a cuarta edición da exposición colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que se poderá visitar na Capela da Madanela. Máis de vinte artistas galegos plasman o seu punto de vista sobre o Camiño de Santiago a través das súas obras. Entre eles, confírmase a participación da arzuá Rebeca Novo.

A exposición permanecerá aberta do 4 ao 31 de agosto en horario de sete e a nove da tarde de martes a venres e o acto de apertura terá lugar este martes día 4 ás sete e media da tarde coa actuación musical de Soncello Ensemble. Debido á limitación de aforo da capela, aconséllase reservar entrada para a inauguración no 981500222 ou no correo electrónico cultura@concellodearzua.com podendo retirar un máximo de dous convites.

A programación de agosto dará continuidade a dous programas iniciados no pasado mes de xullo. Por unha banda, o Ciclo de músca na rúa “En aberto” continuará os xoves 6, 20 e 27 coas actuacións da Rondalla Moraima, Nastasia Zürcher e A Banda da Loba, respectivamente e serán ás 21:00h na Praza de Galiza.

E, por outra banda, as feiras seguirán contando con actuacións musicais itinerantes a partir das 12:00 do mediodía. O día 8 a cargo da agrupación Fol da Chousa e o 22 de Luar das Augas.

O programa deste mes complétase cunha novidade. Trátase da celebración do primeiro “Serán cativo” o luns 31 con actuacións de música tradicional para público infantil e familiar que se desenvolverán a partir das 18:30h polas rúas da vila e na Praza de Galiza. Os encargados de animar esta xornada serán a compañía Fantoches Baj co espectáculo “Os romeiros do caracol” e Cé Orquestra Pantasma.

A programación de verán continuará no mes de setembro e todas as actividades serán de entrada gratuíta e cumprirán coas medidas vixentes de hixiene, protección e control de aforamento.

PROGRAMACIÓN:

Do 4 ao 31 (de martes a venres). Exposición Bo Camiño

Capela da Madanela | 19:00-21:00

*Inauguración o martes 4 ás 19:30 coa actuación musical de “Soncello Ensemble”

Xoves 6. Ciclo de música na rúa “En Aberto”: Rondalla Moraima. Praza de Galiza | 21:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)**

Sábado 8. Música na feira: Fol da Chousa. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00

Xoves 20. Ciclo de música na rúa “En Aberto”: Natasia Zürcher (dúo). Praza de Galiza | 21:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo) **

Sábado 22. Música na feira: Luar das Augas. Multiusos Terra do Queixo e rúas | 12:00

Xoves 27. Ciclo de música na rúa “En Aberto”: A banda da Loba. Praza de Galiza | 21:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

Luns 31. “Serán cativo”: Actuacións de Os romeiros do caracol e Cé Orquestra Pantasma. Praza de Galiza | 18:30 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

  • Programación con continuidade no mes de setembro
  • Garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección
  • **Emisión online en directo dos espectáculos indicados (www.facebook.com/culturaconcelloarzua)
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email