Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Utilización servizo punto limpo

O Punto Limpo de Arzúa reabriu as súas portas para prestar servizo aos veciños o pasado 18 de maio de 2020, trala declaración do Estado de Alarma.

O punto limpo permanece aberto os luns, martes e mércores dende  as 10 ás 14 horas. O sábado o horario de apertura é das 10 da mañá ás 18 horas da tarde.

Os veciños e veciñas de Arzúa que precisen facer uso do servizo deben solicitar cita previa. Só serán atendidas presencialmente as persoas que previamente soliciten cita no número de móbil 661 90 33 91.

Atenderase a unha única persoa no recinto; os usuarios deberán cumprir con todas as medidas establecidas tendo en conta a situación sanitaria actual.

O persoal traballador do Punto Limpo adoptará todas as medidas preventivas oportunas.

Agradecemos a colaboración de todos os usuarios  e apelamos á súa responsabilidade para o correcto funcionamento do servizo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email